Terror a pares

0
232

Os nenos do milloPatrick Lussier (My Bloody Valentine 3D) está en conversas para escribir e dirixir a recentemente anunciada Halloween 3D para a Dimension Films.

O filme, que continuará a história do asasino en série Michael Myers, deberá estar listo para o vindeiro verán. O escaso tempo co que se conta para rematar a produción fixo inviábel que o actual responsábel da franquía, Rob Zombie, regresase á cadeira do director.

Por outra banda, a Weinstein Company tamen ven de contratar ao guionista Ehren Kruger (The Ring, The Skeleton Key) para o remake de Os nenos do millo, o filme de 1984 baseado no relato Children of the Corn de Stephen King.

Esta franquía, aparecida por primeira vez en 1984, produciu xa un bo feixe de secuelas, sete até o de agora, e todas elas co tema central dun grupo denenos nunha vila abandoada na que non hai adultos e onde os rapaces fundaron unha nova relixión na que adoran ao deus das colleitas.