Impacto europeo

0
296

Natasha HenstridgeNatasha Henstridge (Species), James Cromwell e David James Elliott protagonizarán Impact, un telefilme de desastres e ciéncia-ficción dividido en dúas partes sobre unha estrela anana que choca contra a Lúa e causa estragos na Terra. Os actores alemáns Benjamin Sadler e Florentine Lahme tamén forman parte do reparto.

Producida pola compañía muniquesa Tandem Communications, Jaffe/Braunstein Films e Muse Entertainment Enterprises, a minisérie contará cun orzamento de 14 millóns de dólares (8,90 millóns de auros) e comezou xa a se rodar a semana pasada na Colúmbia Británica (Canadá).

O filme está producido en asociación con várias canles de televisión europeas, entre elas a española Cuatro, e ademáis a ProSieben Television (Alemaña), TF1 (Franza) e a Sony Pictures Home Entertainment. Tandem, que manexará a distribución internacional, xa vendeu os dereitos de emisión para máis de 90 países e rexións, incluindo Áustria, Rúsia, Poloña, Latinoamérica e o Médio Este.

Dirixida por Mike Rohl (Smallville) a partir dun guión de Michael Vickerman, Impact conta coa produción executiva de Jonas Bauer, Rola Bauer, Tim Halkin, Michael Jaffe, Howard Braunstein e Michael Prupas, e coa coprodución executiva de Irene Litinsky e Ted Bauman.