Adéus a He-Man

784

GrayskullMália as boas perspectivas coas que se miraban á penas hai unhas semanas, a Warner Bros. e mais a empresa de xoguetes Mattel continuarán por separado a súa andaina para adaptar unha vez mais aos persoaxes de Masters do Universo ao cinema.

Segundo se comenta, a Mattel e mais os estudos non chegaron a un acordo sobre como enfocar artísticamente o proxecto, polo que tomaron a decisión conxunta de deixar que os dereitos caducasen este mes.

A Mattel será polo tanto dende finais de setembro de novo a única propietária dos dereitos cinematográficos dos seus xoguetese poderá ofrecer-llos a calquera outra produtora interesada. Agárda-se que John Stevenson (Kung Fu Panda) fique a bordo no proxecto.