Richard Curtis no Doutor Who

0
176

Doutor WhoO director e guionista dos filmes The Boat That Rocked e Love Actually, Richard Curtis, será o encargado de escribir o libreto para un novo episódio que relanzará a série familiar de ciéncia-ficción O Doutor Who na canle inglesa BBC en 2010.

Curtis, autor de moitos dos guións mais salientábeis da história do cinema inglés nas últimas dúas décadas (O diário de Bridget Jones, Notting Hill, Catro vodas e un funeral), escomezou a súa carreira na televisión escribindo e producindo séries clásicas de humor coma Blackadder, Mr. Bean e The Vicar of Dibley. Recentemente fixo o guión coma convidado especial noutras séries non de xénero na canle HBO. Para esta ocasión, Curtis di que o episódio presentará a unha famosa figura histórica loitando contra un monstro, algo que non é descoñecido para os fans da série xa que foi o argumento de vários episódios xa emitidos até agora.

O episódio non será nin manterá relación co que se rodou hai unhas semanas en Gales, League of Gentlemen, escrito por Mark Gatiss e no que os Aliados loitan contra os nazis, con Winston Churchill nun papel salientábel na história.

Entre outros guionistas convidados para Doutor Who pero que polo de agora non chegaron a concretar a súa colaboración coa série están Stephen Fry e Neil Gaiman, ambos sen confirmar polo de agora pero obxecto de rumores.