Guionista para o remake do Xuíz Dredd

0
134

O inglés Alex Garland, autor dos guións de 28 Días Despois e Sunshine, será o responsábel de escribir o libreto para o remake de O Xuíz Dredd, que se anunciara a finais do ano pasado e que seica ficou no esquecemento até agora. O lendário persoaxe dos cómics ingleses xa foi adaptado ás pantallas grandes en 1995, nun filme protagonizado por Sylvester Stallone. A compañía ADN Films segue a ser a encargada deste proxecto.