Ian McKellen, prémio Donostia

0
209

Sir Ian McKellen coma GandalfSir Ian McKellen (Burnley, Inglaterra, 1939), un dos meirandes actores ingleses do cinema, o teatro e mais a televisión, ven de ser distinguido co prémio Donostia, galardón honorífico que entrega o Festival de Cinema de San Sebastián dende 1986. McKellen recollerá o prémio o dia 23. Fontes do festival xustificaron nun comunicado a eleizón de McKellen: “a sua enorme versatilidade levou-lle a interpretar os papeis mais diversos, dos clásicos de Shakespeare aos superheroes contemporáneos, do cinema de autor ás producións mais comerciais“.

Após dunha ampla traxectória chea de prémios e dúas candidaturas ao Oscar, acadou unha grande popularidade con dous papeis fundamentais do cinema fantástico recente: Magneto en X-Men (2000), de Bryan Singer, e as suas secuelas, e Gandalf na saga de The Lord of the Rings (O señor dos Anéis, 2001), de Peter Jackson. Sir Ian McKellen receberá o prémio Donostia o mércores 23 no Kursaal ás 22.00 horas.

McKellen escomezou a súa carreira no teatro na Universidade de Cambridge. Sen formación prévia, comezou a actuar profisiónalmente con compañas rexionais inglesas en 1961. En 1969 xa se lle denominaba “o actor principal da sua xeración” e traballara con Sir Laurence Olivier en Londres e New York, na canle BBC e participara en diversos filmes, coma The Promise (Michael Hayes) e Alfred the Great (Clive Donner).

En Hollywood protagonizou nun mesmo ano Apt Pupil (Verán de corrupción, Bryan Singer, 1998) e Gods and Monsters (Deuses e monstros, Bill Condon, 1998). Despois atinxiu fama mundial por X-Men, O Señor dos Anéis e The Da Vinci Code (O código Dá Vinci, Ron Howard, 2006). En 2006, o Festival de Berlín entregou-lle un Urso de Ouro honorífico por toda a sua carreira. O ano que ven, retomará o papel de Gandalf en The Hobbit, dirixido por Guillermo del Toro. Desde que fai 20 anos revelou a sua orientación sexual, McKellen estivo involucrado na defensa dos direitos dos homosexuais como cofundador de Stonewall UK.