A herdanza de Valdemar

0
201

Oscar JaenadaA localidade cántabra de Comillas será o escenário da rodaxe do filme La herencia de Valdemar, unha fita de terror gótico que conta con Óscar Jaenada, Eusebio Poncela e Leonardo Sbaraglia para os papeis protagonistas.

A produtora española La Cruzada é a responsábel do proxecto que se puxo en marcha o pasado día 28 e que se prolongará até o 30 de xuño. Rodará-se en Comillas e arredores, na sua maior parte, ainda que tamén está previsto que a equipa se traslade a Santander e Gipúzkoa.

A sala santanderina Miriñaque albergou un cásting que congregou a preto de 80 persoas. O anúncio da convocatória provocou unha resposta masiva. A proba, organizada por ‘The extras casting company’ propiciou a selección dos diferentes perfís necesários con vistas á futura rodaxe, que correspondeu a mulleres de 20 a 40 anos, homes de 26 a 40, rapaces de 13 e 18, e nenos de 6 a 11 anos.

O escritor José Luis Alemán é o autor do guión da história de Valdemar, elaborado a partir das obras de H.P. Lovecraft, e que se convertirá na sua ópera prima coma director. A cinta, cunha atmosfera de terror gótico, narra a desaparición dunha experta en mansións vitorianas ocurrida após da sua incursión na casa de Lázaro Valdemar, á que acude co obxectivo de elaborar unha taxación.

A intervención dun detective e dunha coñecedora dos feitos acaecidos no pasado na misteriosa mansión completan a estrutura dunha narración que dá continuidade ás múltiples versións cinematográficas abordadas sobre a obra do mestre de Providence.