Mel Gibson volve con Edge of Darkness

0
211

Cartaze da série orixinalNos últimos anos Mel Gibson estivo máis pendente da sua carreira coma director que da sua faceta coma actor. A sua última aparición diante das pantallas foi en Sinais (2002), e despóis, sen esquecer o cinema de xénero, adicou-se á realización de thrillers de terror (A Paixón de Cristo) e fantásticos (Apocalypto).

Agora Gibson regresa aos escenários coma actor, xa que será o protagonista de Edge of Darkness que dirixirá Martin Campbell. Tráta-se da adaptación dunha minisérie que emitiu a BBC en 1985 e que tamén foi dirixida por este realizador. No filme, Gibson dará vida a un policía puritano que descubrirá unha rede de corrupción mentres investiga o asasinato da sua filla.

O guión escribiráo William Monahan. Graham King, que gañou o Oscar con Infiltrados, será ún dos produtores, o mesmo ca Michael Wearing, que produciu a minisérie orixinal.

Mel Gibson interesou-se neste proxecto hai xa meses, cando se reuniron con el Campbell e King; polo de agora non se sabe se algún grande estudo financiará este proxecto, pero a súa rodaxe escomezará en Boston o vindeiro mes de agosto.