Wilson, Page e Tyler en Super

0
174

Liv TylerRainn Wilson, Ellen Page e Liv Tyler veñen de se unir ao reparto de actores que dará vida aos protagonistas da vindeira comédia de superheroes Super para a produtora This Is That.

Wilson fará dun tipo normal que toma a identidade do pseudo-superheroe Crimson Bolt, todo após de ver como a súa muller (Tyler) fica namorada dun encantador vendedor de drogas. Mália que non ten superpoderes, tentará compensa-lo coa axuda dunha chave inglesa.

James Gunn (Slither, Dawn of the Dead) será o director e guionista. Ted Hope será o produtor deste filme, cuxa rodaxe escomezará en decembro.