Gunslinger, o vingador

0
155

Josh HartnettJosh Hartnett ven de asinar o contrato polo que fica vencellado como protagonista da produción do thriller de vinganzas Gunslinger para a 2B Pictures e mais a SC Films.

A história está ambientada nun futuro próximo nunha América conxelada após dun cataclismo. Hartnett interpretará a un home que xunto con seu irmán, sae á procura de vinganza da banda que asasinou aos seus pais.

Chris Nahon (Blood: The Last Vampire) será o director, mentres que Mark Williams e Albert Martinez Martin serán os produtores.

A rodaxe escomezará en Canadá a primeiros do ano que ven.