Regreso a Hancock

738

HancockWill Smith e Charlize Theron regresarán para a secuela de Hancock, segundo ven de confirmar o director Peter Berg nunha entrevista na canle musical MTV. A primeiros desta semana, Berg afirmou ao respeito da participación dos dous actores que “todo o mundo vai regresar para a secuela“.

Os rumores escomezaron hai unhas semanas indicando que a continuación da comédia de superheroes rexeitada pola crítica pero cun grande éxito nos despachos de billetes (recadou 628 millóns de dólares, que son uns 430 millóns de euros) estaba xa en movemento. Berg está confirmado para a dirección, mentres que os guionistas Adam Fierro (24, Dexter) e Glen Mazzara (The Shield) están a rematar un libreto que se lle entregará a Smith para que o aprobe.

Ao respeito do argumento, Berg tamén revelou que no filme aparecerá un terceiro inmortal na história, para o que xa ten a alguén en mente, se ben non quixo dicir de quen se trataba.

Mália todo o anterior, ainda non hai ren asinado, polo que os compromisos non son firmes e ainda non existen datas oficiais de escomezo da rodaxe nin data de estrea.