Eva Green, a derradeira palabra

0
234

Eva GreenEva Green (Casino Royale, Quantum of Solace, O compás dourado) será a protagonista feminina do vindeiro filme Last Word. A história vai sobre dous persoaxes que se namoran mentres o mundo escomeza a se derrubar cando a xente comeza a perder pouco a pouco a súa percepción sensorial. Ewan McGregor interpreta ao outro protagonista, a outra metade da parella.

Connie Nielsen, Ewan Bremmer e Stephen Dillane tamén están no reparto deste filme que dirixirá David Mackenzie a partir dun guión de Kim Fupz Aakeson. A rodaxe escomezará este mes en Glasgow.