Disney e Del Toro alían-se

802

Guillermo del ToroA Walt Disney, en colaboración co director Guillermo del Toro (O Labirinto de Pan, O Hobbit), van lanzar unha nova produtora chamada Double Dare You e que se adicará a crear novos filmes de debuxos animados con histórias de medo dirixidos a todas as audiéncias, segundo anunciou hoxe Dick Cook, presidente dos estudos Walt Disney.

Todos os filmes producirán-se baixo a supervisión de del Toro, que é o autor do concepto orixinal e mais do deseño da DDY. Del Toro ademais podería dirixir algúns proxectos persoalmente. O primeiro deles levará por título Trollhunters, unha história creada polo director mexicano que será o produtor.