Roger Corman recibirá un Oscar

0
194

Roger CormanO Comité de Directores da Académia de Cinema de Hollywood ven de anunciar que concederá o prémio Memorial Irving G. Thalberg ao produtor executivo John Calley e os prémios de Honra á actriz Lauren Bacall, o produtor e director Roger Corman e mais ao realizador Gordon Willis. Os catro prémios serán entregado n odecurso dunha gala a celebrar o vindeiro 14 de novembro en Hollywood.

Corman é o director e produtor de filmes de série B coma It Conquered the World, The Little Shop of Horrors (1960), The Intruder, The Raven, The Masque of the Red Death, The Wild Angels ou The Trip, todos eles clásicos do cinema fantástico. En total dirixiu mais de 50 películas e produciu mais de 300 ao longo dunha carreira que se extende ao longo dos últimos 50 anos. Ademáis dos créditos de seu, Corman é recoñecido polas oportunidades que lle deu para escomezar no mundo do cinema a directores coma Francis Ford Coppola, Martin Scorsese, James Cameron, Jonathan Demme e Ron Howard.

O prémio de Honra é unha estatuíña do Oscar e é entregada segundo ás normas oficiais a un indivíduo pola súa “extraordinária distinción ao longo da súa vida, polas constribucións excepcionais ás artes e ás ciéncias cinematográficas e polos seus salientábeis servizos á Académia“.