Como ser o discípulo de Darth Vader

1517

Star Wars: The Force UnleashedA LucasArts, durante unha xira de apresentacións por Europa que comezou en España, amosou un adianto do seu Star Wars: The Force Unleashed (Star Wars: O Poder da Forza chamará-se aqui), un novo videoxogo baseado na Guerra das Galáxias.

Nesta ocasión, a história non conta os acontecementos narrados nas duas triloxias cinematográficas, se non o acontecido entre o Episódio III: A vinganza dos Sith e o Episódio IV: Unha nova esperanza.

O protagonista é un aprendiz secreto de Darth Vader, adestrado para destruir aos Jedis que fican diseminados polo universo e para axudar ao seu mestre a acabar co Emperador. Ainda que o xove será o principal protagonista, tamén haberá oportunidade de manexar ao próprio Vader.

O desenvolvemento seguirá as liñas típicas dos xogos de acción en terceira persoa: escenários mais ou menos lineais, ameazas por doquier e unha grande variedade de ataques especiais. O protagonista blandirá o sabre de luz coma un mestre e utilizará a Forza para crear estoupidos de enerxia, lanzar lóstregos polas mans ou facer levitar obxectos e inimigos e lanzá-los polos aires.

Os programadores fixeron un grande esforzo para que o espectáculo visual sexa único. Para iso utilizaron ferramentas de última xeración, simulando a física dos obxectos de forma moi realista, incorporando as propriedades físicas de calquera elemento do entorno para que se comporte como o faria na realidade. e cun revolucionário motor de simulación de comportamentos que permite que os inimigos actúen e pensen de forma lóxica e realista.

O xogo verá a luz en setembro para PlayStation 2, PlayStation 3, Xbox 360, PSP, Wii e Nintendo DS. Nas consolas de Nintendo, o xogo aproveitará as características específicas de ditas plataformas: a pantalla táctil da DS e o mando da Wii para realizar os ataques.