O barco de Piratas do Caribe, saqueado

0
205

Un dos barcos utilizados na triloxíaUns ladróns saquearon un veleiro de época que sulcou os mares en dous filmes da famosa triloxía Piratas do Caribe. O HMS Bounty, atracado en Greenock (Escócia), onde facía escala dentro dunha rota por portos británicos, foi abordado o pasado sábado polos delincuentes, que subtrairon entre 50 e 100 libras (entre 57 euros e 114 euros), así como a insígnia do barco.

Os ladróns, que non dubidaron en emular aos corsários da triloxía cinematográfica, tamén levaron un salvavidas, un libro, un aboiador e unha bandeira americana, ainda que estes obxectos foron recuperados nos aledaños do porto.

A Policia pediu a colaboración cidadá para recuperar o botín do HMS Bounty, que é unha réplica da nave orixinal, famosa pola sua desafortunada singradura a Tahití en 1789. Durante aquela expedición, o buque viviu un motin a bordo que deixou ao capitán William Bligh e a dezaoito tripulantes á deriva.

O HMS Bounty ancorado en Escócia foi construído en 1962 para o filme Rebelión a bordo (Mutiny on the Bounty, no seu título orixinal), en cuxo reparto brillaba Marlon Brando.

Dende aquela, o veleiro utilizou-se nas aventuras das dúas últimas entregas de Piratas do Caribe, que protagoniza Johnny Depp no papel do Capitán Jack Sparrow.