Morreu Henry Gibson

0
212

Henry GibsonO veterán actor Henry Gibson morreu o pasado luns aos 73 anos de idade na súa casa de Malibu após de pasar meses loitando contra un cancro.

Entre os seus papéis mais relembrados están o do nazi de The Blues Brothers, o veciño tolo de The ‘burbs (Non matarás ao veciño) e a voz de Wilbur o Porco no clásico filme de debuxos animados Charlotte’s Web. Pero participou en moitísimos filmes e séries de xénero, entre os que podemos nomear Stargate, Early Edition, Sabrina, Star Trek Deep Space 9, Escape to Witch Mountain, Vault of Horror, Histórias da Cripta, Gremlins 2, Innerspace (O chip prodixioso), Galaxy High School, O Coche fantástico, A zona fantasma, Fantasy Island e un longuísimo etcétera.

Nado co nome de James Bateman o 21 de setembro de 1935 en Germantown, Pennsilvanya, a súa sona provén dende finais dos anos 60 no filme O Profesor Chiflado (1963), se ben debutou aos 8 anos nun tour que durou 9 co teatro de Mae Desmond. Graduou-se en artes dramáticas e serviu no exército do aire dende 1957 a 1960, após do cal regresou aos estudos, na Royal Academy of Dramatic Art en Londres.

O actor estaba viúvo após de que a súa muller Lois (coa que estivo casado mais de 40 anos) finara en 2007. Sobrevíven-lle dos seus fillos Jon, Charles e James; tres irmáns e dous netos. A súa família lembrou que Gibson utilizou o seu nome para axudar ao movemento contra o cámbio climático.