Logan entra na Pasaxe

607

Ridley ScottO guionista de Gladiator, John Logan, e mais o director Ridley Scott volverán unir as súas forzas nun novo filme, neste caso o drama de vampiros The Passage para a Fox 2000.

Baseado nunha novela orixinal de Jordan Ainsley, a história vai sobre pacientes con enfermidades terminais que fican curados de súpeto ao seres trabados por morcegos en América do Sul, onde o governo está a dirixir plans secretos utilizando como cobaias a seres humáns mentres tenta averiguar se o virus do vampirismo pode curar enfermidades. O resultado, como era de agardar, será unha apocalíptica liberación de vampiros sedentos de sangue.

Logan está encargado de adaptar o guión, que en princípio dirixiría o mesmo Scott, se é que as súas moitas ocupacións llo permiten.