Remake zombi en 3D

0
199

A noite dos mortos vivintesSeica está en marcha un remake do celebrado clásico de zombis de George A. Romero A Noite dos Mortos Vivintes, pero esta vez sen a participación de Romero e todo con gráficos xerados por computador e en 3D.

Night of the Living Dead: Origins tentará poñer ao día a história tentando descubrir o transfondo de cadaún dos persoaxes orixinais, nun novo formato que foi descrito pola produtora coma “anime ao xeito americano“, utilizando tecnoloxía que permite aos realizadores a habilidade de dirixir actuacións en 3D do mesmo xeito que se estiveran a dirixir a seres humanos de carne e óso.

Simon West e Jib Polhemus producirán o filme, mentres que Romero, que non está vencellado a este proxecto, debuta co seu sexto filme de zombis, Survival of the Dead, estes días no Festival de Cinema de Toronto.