Shawn Levy será o director do filme de aventuras Real Steel para a produtora de Steven Spileberg e Anil Dhirubhai Ambani, a DreamWorks Studios.
Mentres que John Gatins está a escribir o último esbozo de guión, Levy tamén entrará no proxecto como produtor.
A Angry Films de Don Murphy e Susan Montford será a produtora. Steven Spielberg fará de produtor executivo, xunto con Jack Rapke, Robert Zemeckis e Steve Starkey, da ImageMovers.
En Real Steel, que está ambientada nun futuro próximo onde o boxeo entre seres humáns foi prohibido e foi sustituido por un novo entretimento popular, o boxeo de robots, un pai e mais o seu fillo afastado adolescente únen-se de novo para adestrar xuntos a un extraordinário loitador.
“Estou emocionado de estar traballando con Shawn neste proxecto. É un mestre combinando histórias humanas e con corazón con efectos especiais fantásticos. Estou seguro de que nas súas capacotadas mans, Real Steel será un filme que sensiblice e emocione a todos os públicos“, dixo a presidenta e xerente da DreamWorks Stacey Snider.
Levy foi o encargado de dirixir Noite no Museu e a súa secuela Noite No Museu II ademáis de filmes coma Cheaper by the Dozen, The Pink Panther, Big Fat Liar ou Just Married.