A Marvel ven de facer público que após do éxito de Iron Man, producirá unha secuela, Iron Man 2, e mais unha versión para o cinema do seu persoaxe Thor que se estreará no verán de 2010, seguido polo que podería ser dous filmes baseados nos Vingadores no verán de 2011. Polo de agora os títulos de traballo son The First Avenger: Captain America e The Avengers.
As cifras de Iron Man deixan a Marvel nunha excelente situación para, despois da sua estreo coa Paramount, negociar nunha posición de moita forza con calquera outro distribuidor.
Seica Marvel só quere facer dous filmes ao ano con distintos superheroes, para asi dispór de personaxes abondo para os próximos anos. Ningún novo chegará en 2009, que o estudo adicará á preprodución dalgún novo bombazo, ainda que si regresarán, por exemplo, alguns membros da Patrulla X nas aventuras de Lobeto.
Iron Man 2 estreará-se o 30 de abril de 2010, seguido por Thor o 4 de xuño de 2010. Os dous proxectos dos Vingadores (The First Avenger: Captain America e The Avengers) teñen tamén xa un óco na axenda: o 6 de maio de 2011 e o mes de xullo de 2011.
Ainda e todo, a Marvel quéixa-se de que está a perder moitos cartos e informou que as vendas nos primeiros 4 meses do ano foron de 112,6 millións de dólares e o benefício neto de 45,2 millóns, en comparanza cos 151,4 millóns de ingresos brutos e 46,8 millóns de neto no mesmo periodo do ano pasado.