Sucker Punch gaña actores

0
214

Scott GlennScott Glenn (Backdraft) ven de se facer cun papel no thriller de acción de Zack Snyder Sucker Punch da Warner Bros. Pictures.

Ambientado nos anos 50, o filme vai sobre Babydoll (Emily Browning), unha rapaza confinada nunha institución mental polo seu padrastro, que ten a intención de lobotomiza-la en cinco días. Mentres está alí dentro, ela imaxina unha realidade alternativa para esquecer a súa dór, e dentro dese mundo planea a súa fuga, para a que precisará cinco obxectos que a axudarán a saír antes de que sexa violada por un persoaxe malvado.

Glenn interpretará a un persoaxe que axuda e aconsella a Babydoll e ás outras nenas no asilo. Vanessa Hudgens, Abbie Cornish, Jamie Chung, Jena Malone, Carla Gugino, Jon Hamm e Oscar Isaac son outros dos protagonistas.