Christopher Plummer, Brad Dourif e Mädchen Amick veñen de se unir ao reparto do filme da Screen Gems que adaptará o cómic Priest e que dirixe Scott Stewart.
Ambientada nun mundo desolado dende hai séculos polas guerras entre os homes e os vampiros, a história vai sobre un cura guerreiro (Paul Bettany) que se volve contra a súa igrexa para poder perseguir a unha perigosa banda de vampiros que secuestraron á súa sobriña.
Amick interpretará a Shannon, a nai da sobriña secuestrada. Dos outros dous actores aínda non se sabe que papéis farán. Cam Gigandet, Maggie Q, Karl Urban, Stephen Moyer e Lily Collins tamén están xa no reparto.
O filme ten prevista a súa estrea para o vindeiro mes de agosto de 2010.