O guapeiras de Prison Break Wentworth Miller e mais a rapaza de Heroes Ali Larter veñen de se unir ao reparto de Resident Evil: Afterlife, o cuarto filme dentro desta popular franquía de terror.
O membro do reparto Boris Kodjoe, quen confirmou a nova, falou do argumento: “eu interpreto ao líder dos supervivintes en Los Angeles. O persoaxe de Milla Jovovich, Alice, está a percorrer o mundo na procura de supervivintes e é ferida en LA, que leva ardendo tres anos. Chega a unha prisión na cidade que está rodeada polos médio-mortos, cun par de supervivintes atrapados dentro. Aterriza no tellado e alía-se comigo para loitar contra os tipos que a persiguen. Tentaremos sacar ao todos os supervivintes da prisión“.
Miller interpreta a unha das persoas atrapadas dentro dunha cela e que non saben se están ou non contaxiadas polo virus. Finalmente convérte-se nun elemento clave na fuxida. Larter repite o seu papel de Claire Redfield, que xa fixera na anterior entrega da saga Resident Evil: Extinction.
A rodaxe escomezou esta semana en Toronto baixo a dirección de Paul W.S. Anderson, que foi tamén o encargado da primeira película.