Os Inmortáis relanzan-se

0
196

Os InmortáisA Summit Entertainment vai relanzar a popular franquía de Highlander (Os Inmortáis), poñéndo-a nas mans do director Justin Lin (Fast & Furious) e cun guión de Art Marcum e Matt Holloway (os de Iron Man).

O relanzamento da franquía suporá o regreso do inmortal espadachín escocés que debe enfrontar-se a un brutal bárbaro, todo na procura dun fabuloso e descoñecido prémio. Non está claro polo de agora se algún elemento da anterior saga figurará tamén neste remake.

Os Inmortáis arrincaron en 1986 tendo como protagonistas ao actor suizo (ainda que nacido nos Estados Unidos) Christopher Lambert no papel de Connor MacLeod, un habitante das Highland escocesas durante a Idade Média, e ao actor escocés Sean Connery coma o inmortal nobre español Juan Sanchez Villa-Lobos Ramirez. Ainda que foi imposíbel de detectar para os galegos, o feito de que Connery fose español e falase con acento escocés ainda millor ca Lambert serviu como tema de conversa durante moitos anos e engadiu encanto ao filme, no que sobre todo destacaban as loitas de espadas entre os inmortáis, que para vencer-se entre eles debían curtar a cabeza ao seu rival, obtendo con elo novas enerxías.

Ainda que o filme orixinal era bastante bó, foi seguido por unha série de secuelas cada vez piores e un par de séries de televisión (protagonziadas polo actor inglés Adrian Paul coma Duncan MacLeod e por Elizabeth Gracen coma Amanda), unha série de debuxos animados, un filme de debuxos, unha série en Internet feita en Flash, dez novelas e 17 cómics.