Finou Víctor Israel

0
124

Ven de finar Víctor Israel, un dos rostos mais característicos do cinema fantástico español. Coñecido pola súa aparición en filmes coma Horror Express (1972), Hell of the Living Dead (1980), Necrophagus (1971) ou Murders in the Rue Morgue, traballou en mais de cento cincuenta filmes e séries de televisión ao longo dunha carreira que durou 40 anos.