Dentro da campaña “poña un rapeiro na súa película” que seica están a implantar case todas as producións hollywoodenses que se precen, o rapeiro e por veces actor Common ven de asinar un contrato para coprotagonizar Terminator Salvation: The Future Begins para a Halcyon Pictures.
Christian Bale e Sam Worthington xa están embarcados neste proxecto, que será distribuido pola Sony no noso país.
A história estará centrada en John Connor (Bale), agora con uns 30 anos, e liderando ao que ficpu da raza humana nunha guerra contra as máquinas. Common fará o papel dun loitador humano e membro do círculo de amigos de Connor.
McG dirixirá este proxecto a partir dun guión de John D. Brancato, Michael Ferris e Paul Haggis. A estrea está prevista para o 22 de maio de 2009.