Os Piratas en perigo

0
158

O capitán Jack SparrowTan só uns dias despois de se facer público o título definitivo da cuarta e esperada entrega de Piratas do Caribe, o proxecto comeza a presentar fendas. E é que a factoría Disney decidiu despedir a Dick Cook, presidente da Walt Disney Studios, despois de 38 anos de adicación á compañía, nunha decisión tomada polo seu presidente executivo, Bob Iger.

Cook foi o principal impulsor da saga de Piratas do Caribe, e de feito, o papel de Jack Sparrow foi a parar ás mans de Johnny Depp, grazas a el. Por iso, non estrañou que despois de se facer público o despido, o actor estea a duvidar da sua participación na cuarta entrega.

Piratas do Caribe 4: On Stranger Tides, apresentou-se durante a D23 Expo, un acto convocado pola Disney para apresentar os seus proxectos. Mesmo Johnny Depp acudiu á cita, ataviado co vestiário do seu personaxe na saga. Nombergantes, daquela nada se sabia verbo do inesperado despido. O próprio Johnny dixo que “ninguén o viu vir“.

Polo momento, o actor, que non agochou o seu descontento, quere reconsiderá-lo todo, xa que o ocorrido “crebou a confianza” que depositara no proxecto. O actor di que o entusiasmo que tiña por este filme apagou-se.

En declaracións á prensa, Depp dicia que toda a cidade (Los Angeles) ficou “en estado de shock” após da notícia. Johnny tamén contou que Cook chamou-no persoalmente para lle contar o ocorrido; “Dixo-me que preferia dicir-mo el antes de que me enteirase doutra forma — ‘É o meu último dia’, dixo, pero non me deu ningunha razón“.