A claridade da sombra

0
155

A capa do libroA editorial madrileña Neverland Ediciones asegura ter descuberto unha nova promesa literária, unha rapaza ferrolá de 15 anos chamada Cristina Prieto, quen ven de rematar a sua primeira novela de xénero fantástico, La claridad de la sombra (A claridade da sombra), un libro en español que estará dispoñíbel nos andéis das librarías a partir do vindeiro 22 de setembro.

Segundo a nota de prensa da editorial, a novela vai sobre unha rapaza gordecha, Sara, quen após de atopar un anel máxico, adéntra-se no mundo de Kandreon xunto a Luis, un rapaz guapo de quen está namorada. O rei Flavion nomeou-nos Elixidos para loitar contra os seres Escuros e contra O Maligno. Así, Sara e Luis descubrirán a capacidade de se transformaren en criaturas máxicas con poderes sobrenaturais, dispostos a devolver o equilíbrio a Kandreon.

O libro, ademais de contar cunha galería de persoaxes e creaturas fantásticas, á vez paródia dalgunha maneira os clichés da literatura fantástica, ao xeito de Terry Pratchett, e ten certos toques ecoloxistas.

Cristina Prieto Solano (1994) vive e estuda en Ferrol e esta é a súa primeira novela. que será presentada o 28 de setembro na Casa da Muller a partir das 19:00 horas.