O Home-Folla

0
188

O Home-FollaChris Wedge (Ice Age) volverá dirixir un filme de debuxos animados, xa que a 20th Century Fox e mais a Blue Sky Studios veñen de contrata-lo para que se ocupe de Leaf Men, unha adaptación do conto de William Joyce The Leaf Men and the Brave Good Bugs.

A história vai sobre unha tropa de insectos que fan todo o que poden para salvar un xardín da ira da malvada raíña das arañas. Cando o ven todo perdido, piden axuda ao Home-Folla.

Jim Hart adaptou esta novela ilustrada para nenos nun guión que estivo inicialmente baixo o control da Fox, que finalmente decidiu abandoar o proxecto até que Wedge ofreceuno á Disney/Pixar. Cando na Fo viron que a Disney amosaba interese, mudaron de ideia e agora volven a relanza-lo, con Wedge ao cargo.