Cronenberg nun remake de seu

0
196

Unha escena de A MoscaDavid Cronenberg dirixirá un remake do seu própio filme de 1986 A Mosca para a 20th Century Fox, segundo fontes ben informadas.

Orixinalmente Cronenberg non quería nin oir falar dunha nova versión do seu filme, que é xa todo un clásico do cinema de terror. Nombergantes, as novas tecnoloxías de gráficos xerados por computador e os efectosespeciais dispoñíbeis no mercado seica o convenceron de que se pode facer un intento de facer regresar a franquía.

No filme orixinal de Cronenberg, baseado mais ou menos noutro de 1958, Jeff Goldblum era o protagonista dunha fita no que un científico desenvolve en solitário unha máquina que lle permite teletransportar-se dun lugar a outro. El mesmo utiliza a súa máquina para proba-la, pero sen se decatar de que unha mosca caseira se introduciu na máquina xunto a el.

Após de seica o experimento funcionase á perfeccción, o científico comeza a se transformar en mosca xigante ante o seu própio horror e mais o da súa moza, unha xornalista (interpretada por Geena Davis) coa que estaba a manter unha relación.

Cronenberg sería o produtor e pode que mesmo o director desta nova reinterpretación do clásico.