Volve o Ghost Rider

0
180

Ghost RiderDavid Goyer está en conversas para crear unha história e supervisar o guión para unha secuela do filme baseado no superheroe da Marvel Comics Ghost Rider (O Motorista Pantasma, na versión galega) para a Sony Pictures.

Os plans seica son basear a secuela nun guión escrito hai xa uns anos por quen tamén foi o guionista de Blade e Batman Begins, ou sexa, o mesmo Goyer. O que non se sabe é se el mesmo dirixiría esta segunda parte.

Agárda-se que Nicolas Cage protagonice novamente o filme, contando coa produción de Avi Arad, Michael De Luca e Steven Paul.