Raimi e o Yeti

0
145

Sam RaimiSam Raimi, mestre do xénero de terror e director da triloxía de Spiderman, será o produtor do filme de terror sobrenatural Refuge que está en preparación na Mandate Pictures.

A história ten lugar nunha remota vila que é aterrorizada por un Yeti, a criatura mitolóxica nativa das montañas do Himaláia.

Tom De Ville escribiu o guión e o director inglés Corin Hardy sería o encargado da realización, mentres que Jason Blum, Nathan Kahane e mais Steven Schneider serán os co-produtores.

Mentres tanto, a empresa de Blum, a Blumhouse Productions, financiará unha curta co mesmo argumento da longametraxe, na que Hardy e De Ville traballarán asemade. A ideia é ofrecer un tráiler que poda axudar a Hardy a refinar a súa visión mesmo ainda que o guión no estea rematado polo de agora.