Templários contra vampiros

0
252

Cabaleiros templáriosA Universal Pictures ten un novo proxecto para un filme de acción sobrenatural titulado The Knights Templar, a partir dun esbozo de Adam Torchia e Justin Stanley para que o produzan Marc Platt e mais o director ruso de Wanted, Timur Bekmambetov.

O argumento pón-lle unha pinga de terror á famosa organización medieval de guerreiros, os templários, recén saídos das Cruzadas e forzados agora a loitar contra un exército de vampiros que quere invadirnos para destruir o santo grial.

Torchia é habitualmente un axudante de edición de histórias no departamento de guións da Universal, onde traballa dende hai dez anos. Xa vendera o guión Strange Magic á Alcyon Entertainment o ano pasado.

Platt producirá Knights Templar por médio da súa compañía Marc Platt Productions, mentres que Bekmambetov conducirá o proxecto a través da súa empresa, a Bazelevs Productions xunto a Jim Lemley.

Bekmambetov dirixiu os filmes (de grande éxito en Rúsia) Night Watch e Day Watch, así coma a vindeira película de acción e ciéncia-ficción Wanted, que se estreará o vindeiro 27 de xuño.