Campbell e Craven volven a Scream

0
208

Neve CampbellA actriz Neve Campbell ven de asinar para regresar ao seu papel de Sidney Prescott na saga de Scream, que Wes Craven podería volver a dirixir se acepta os termos do contrato proposto pola Dimension Films.

Coa produción da The Weinstein Company no aire, o xefe da Dimension Bob Weinstein ten intención de xogar sobre seguro e traer á nova entrega a faces coñecidas para este novo episódio dunha franquía que está a dar moito de si e que normalmente debería contar cunha boa lexión de seguidores disposta a ir a ver o filme ao cinema.

Ainda que se falou de que tamén poderían regresar antigos protagonistas coma Courteney Cox e David Arquette, a cuarta parte de Scream pretendía nun princípio dar-lle un toque diferente á saga sen a participación de Campbell ou Craven. Pero estas novas confirman que, dado que o filme ten previsto escomezar a súa rodaxe en abril ou maio, o obxectivo será moito mais cobizoso e que o proxecto pasa a ser de envergadura.

Por outra banda, a Dimension e mais a Disney tamén están a desenvolver unha cuarta entrega da súa saga de Spy Kids, outra vez en 3D, que Robert Rodriguez está a escribir e que escomezará a se rodar en marzo. Entre os plans dos estudos figuran asemade fixar unha data para as estreas de Halloween 3D, os remakes en 3D de Hellraiser e Scanners, e os remakes de Os Nenos do Millo, Curtacircuito e Un lobishome americano en Londres.