Problemas graves na MGM?

0
199

MGMO bombazo desta semana estivo protagonizado por un rumor aparecido en vários médios de comunicación e segundo o cal a MGM Pictures está por crebar.

Segundo fontes internas, os estudos do león precisarían 20 millóns de dólares de contado para facer fronte a diversos pagos inminentes, e outros 150 millóns para poder rematar o ano e poder continuar producindo os proxectos pendentes. Durante a fin de semana houbo contactos con todos os accionistas en conversas que duraron segundo din várias fontes entre dúas e seis horas, coa intención de obter financiamento e de adiar algúns pagos, pero seica non se resolveu grande cousa. A compañía aínda ten débedas por un total de 3.700 millóns de dólares e os acreedores queren obter a creba xudicial como última opción de poder cobrar parte das inversións que fixeron no seu día.

Como é lóxico, de ir adiante acreba, iso sinificaría o final de dous salientábeis proxectos que están a se realizar nestes intres: O Hobbit de Peter Jackson e mais a seguinte entrega de James Bond, que após de dúas películas rodadas pola Sony regresa á Metro. Nombergantes, en ambos os dous casos nin a Warner Bros. nin a Eon Productions teñen intención de que lles afecte unha posíbel bancarrota da MGM xa que os filmes teñen evidentes esperanzas de seren senllos éxitos no despacho de billetes e de que a inversión sexa mais ca recuperada.