King regresa con Haven

0
228

The Colorado KidStephen King ven de asinar o contrato polo que cede os dereitos cinematográficos sobre a súa novela The Colorado Kid para que sexa adaptada á televisión en forma dunha série con episódios de unha hora de duración e que serían producidos polos estudos independentes E1 Entertainment baixo o título de Haven.

O proxecto céntra-se nunha arrepiante vila de Maine onde viven exiladas persoas que sofriron un meigallo. Cando a malldición regresa, o axente do FBI Audrey Parker chega para investigar e manter a raia ás forzas sobrenaturais, mentres tenta resolver os mistérios dos habitantes de Haven.

O actor Scott Shepherd será o protagonista e produtor executivo, xunto con Lloyd Segan e Shawn Piller. Os tres xa exerceran a mesma laboura na série da USA Network The Dead Zone.

Outros dous antigos participantes daquela série, Sam Ernst e Jim Dunn, están a escribir o guión para o episódio piloto e ademáis serán produtores executivos eles tamén.