Halloween 3D detido

0
209

HalloweenA pre-produción de Halloween 3D na Dimension Films ven de sofrir un inesperado parón. Ainda que Todd Farmer entregou o seu guión o pasado venres, o xefe da Dimension, Bob Weinstein, considera que este proxecto está a avanzar demasiado aprésa e decidiu agardar a que o seu director Patrick Lussier (My Bloody Valentine 3D) fique libre de compromisos e poida adicar o cento por cento do seu tempo a este filme.

Lussier xa asinou o seu contrato para realizar a nova entrega en 3D da famosa franquía, pero na súa axenda ainda ten por diante outra película no mes de novembro, na que dirixirá a Nicolas Cage en Drive Angry, cuxa rodaxe escomeza a primeiros do ano que ven.

Deste xeito, Halloween 3D non poderá estrear-se en outubro de 2011 e deberá agardar até algunha data ainda por confirmar en 2011.