Terror en Afganistán

0
153

Cartace do filmeNove anos despóis de que o filme de terror de baixo custe O Proxecto da Bruxa de Blair se convertise nun inmenso éxito nas billeteiras e crease un fenómenos de culto ao seu redor, ún dos seus codirectores ten a esperanza de recapturar toda aquela emoción co seu novo thriller, The Objective.

Quero que a xente aprece a Bruxa de Blair polo que foi pero ao mesmo tempo quero que me dean unha segunda oportunidade e que digan OK, este tío pode facer máis dunha película; pode facer máis que a Bruxa de Blair“, dixo Daniel Myrick nunha rolda de prensa.

The Objective narrará a história dun axente da CIA e os membros dunha equipa de forzas especiais nunha misión nas montañas de Afganistán enfrontado a ameazas sobrenaturais. A estrea xa se produciu no pasado festival de cinema de Tribeca en New York e agora está á procura dun distribuidor.

Nalgúns aspectos, o filme asemélla-se á Bruxa de Blair, incluindo a técnica xeral de narración dunha equipa de persoaxes perdidos e tendo de tratar con forzas misteriosas, así coma na utilización de técnicas de filmación en primeira persoa para engadir suspense.