Purefoy e Strong a Marte

0
193

James PurefoyJames Purefoy, Mark Strong e Thomas Haden Church son as novas incorporacións que os estudos veñen de anunciar para o vindeiro filme John Carter of Mars, que a Disney Pictures realizará para a Heat Vision.

A história, que ven sendo unha adaptación da clásica série de novelas de Edgar Rice Burroughs, céntra-se nun veterán da guerra civil americana (Taylor Kitsch) que é misteriosamente transportado ao planeta Marte, onde fica implicado no médio dunha loita polo poder, na que por suposto elexirá ser parte dos bós.

Church interpretará a Tal Hajus, un ambicioso e malvado guerreiro Thark que pasa o seu tempo conspirando para se converter no dirixente. Purefoy será Kantos Kan, o capitán dos Xavarian, o meirande barco de guerra do reino de Helium. Pola súa banda, Strong fará de Matai Shang, o governante dos Thems, que ten un status de deus entre os seus.

Lynn Collins, Willem Dafoe, Samantha Morton, Dominic West e Polly Walker son os outros protagonistas desta superprodución que dirixirá Andrew Stanton coa vista posta nunha estrea que non se producirá até o verán de 2012.