Primeval, segunda oportunidade

0
198

PrimevalAinda que a súa produción foi cancelada oficialmente o pasado mes de xuño, o drama de ciéncia-ficción con dinosáuros Primeval ven de ser rescatado da extinción grazas a un novo acordo que permitirá dividir os custes cunha canle de televisión dixital.

A canle inglesa ITV, que se atopa nunha difícil situación financieira, cancelou este verán vários dos seus proxectos, entre os que se atopaban Wire in the Blood e Primeval, ambos os dous con bós índices de audiéncia pero cuxa produción estaba a ser demasiado cara para a emisora nestes tempos de crise económica mundial.

Agora as compañías produtoras Impossible Pictures e ITV veñen de chegar a un acordo coa BBC Worldwide, a BBC America e mais a canle alemá Pro7 para que se incorporen como parceiros no proxecto, o que permitirá a gravación doutros trece episódios da série. Os episódios serán rodados o ano que ven e logo divididos en dúas metades cada ún, polo que teremos unha cuarta e mais unha quinta tempada aseguradas ao longo de 2011.

O acordo sinifica que as canles ITV e mais a Watch compartirán os dereitos de emisión para televisión. A cuarta tempada será estreada na ITV1 e logo pasará á Watch a primeiros de 2011, mentres que a quinta tempada será estreada na canle Watch e logo pasará á ITV1 a finais de 2011.

A série, que vai sobre un grupo de científicos na Inglaterra de hoxe en día que loitan contra criaturas prehistóricas e do futuro que foron transportadas a través do tempo, pasou por unha remodelación do seu cásting este ano. Agora agárda-se que o reparto de actores da terceira tempada regrese na súa totalidade para os seguintes episódios, todos os cales están presentados por Adrian Hodges.