Coa Halcyon Holdings nos xulgados por mor dunha bancarrota, a única opción que seica lles queda por considerar neste intres é a de vender total ou parcialmente os seus dereitos sobre a franquía de Terminator, para evitar a desaparición da emrpesa ou a súa declaración de insolvéncia.
A Halcyon, unha empresa da que son propietários Derek Anderson e Victor Kubicek, mercou os dereitos sobre a franquía de Terminator por 25 millóns de dólares en 2007, o que lles permitiu producir este verán o filme Terminator Salvation. Nombergantes, as críticas negativas e a mala recadación no despacho de billetes fan pouco menos ca imposíbel considerar rodar outras dúas partes e rematar a triloxía que tiñan ideada para o persoaxe.
A todo isto hai que sumar a recente cancelación da série de televisión The Sarah Connor Chronicles, baseada no mundo de Terminator, o que fai que non sexa difícil predicir que a franquía non poderá levantar cabeza até dentro de moitos anos, se cada até ben entrada a vindeira década.
A Halycon ven de contratar os servizos dunha empresa de conselleiros financieiros e legáis, a FTI Capital Advisors, para que exploren as posibilidades de vender os dereitos de Terminator e para coñecer cal é o auténtico valor dos mesmos nestes intres. A produtora ten unha débeda de vários millóns de dólares cunha empresa de fundos de inversión en Santa Barbara (Califórnia) chamada Pacificor, LLC. O director da FTI, Kevin Shultz, dixo que “imos contactar con moitos estudos e compañías independentes“.