Transformers 3 no horizonte

0
217

Megan FoxO vello cliché de que só hai un negócio no mundo onde os ódios persoais carecen de importáncia demostrou-se novamente esta semana cando o director Michael Bay anunciou que mália as súas fortísimas desavenéncias coa actriz Megan Fox, ven de se fixar unha data para o escomezo da produción de Transformers 3, que de feito convérte-se no vindeiro proxecto na axenda do realizador, o 1 de xullo de 2011.

En realidade, e cando ainda está recente a estrea da segunda parte, a terceira xa escomezou a se poñer en marcha porque o director dixo que esta semana viaxou a Rhode Island xunto ao guionista Ehren Kruger para falar coa empresa de xoguetes Hasbro, propietária dos dereitos sobre os robots convertíbeis, sobre os novos persoaxes.

Bay non esqueceu de engadir que Megan Fox é benvida a bordo da nova película e prometeu-lle con non pouca retranca que “ningún robot te fará dano durante a produción da longametraxe. Por favor consulta co teu médico cando traballes baixo a miña dirección porque poden acontecer efectos colateráis coma mareos suaves, náuseas intensas, tendéncias suicidas, depresión, crecemento de pelo no peito, hemorráxias internas aleatórias e caréncia de sono“.

A data anunciada pon contra as cordas a outra produción que tiña previsto escomezar ao redor de 2011, o filme que ía dirixir Peter Berg Battleship, que sen dúbida agora terá que agardar até outono de 2011. Transformers 3 chegará polo tanto a un verán no que poderemos ademais deleitar-nos coas estreias de Spiderman 4, Piratas do Caribe 4, The Hangover 2, Cars 2, Kung Fu Panda: The Kaboom of Doom, Harry Potter and the Deathly Hallows II e tres estreas de superheroes (Lanterna Verde, Thor e Capitán América).