Hugh Jackman en Real Steel

0
252

Hugh JackmanHugh Jackman (Lobeto) está en conversas para protagonizar outro filme de acción fantástico, neste caso o thriller de ciéncia-ficción Real Steel para a DreamWorks Pictures.

Jackman interpretaría ao protagonista, un ex-boxeador que se converte en promotor de loitas cando o boxeo entre seres humanos é prohibido por ser demasiado violento e a única alternativa é o combate entre robots. Os novos gladiadores serán robots dunha tonelada de peso con cualidades humanas.

O ex-boxeador vé-se frustrado nos seus anceios por acadar a glória por mor dos compoñentes de baixa calidade que debe utilizar nos seus robots, até que un día descubre a un robot descartado que seica sempre gaña. Coa axuda do seu fillo de 13 anos, ao que non coñecía, adicará-se a adestrar ao robot para leva-lo até o triunfo.

O guionista de Eu son Lenda, Richard Matheson, escribiu a história orixinal, un conto no que está baseado o argumento deste filme e que xa foi anteriormente adaptado en forma de episódio de The Twilight Zone na televisión.

Shawn Levy dirixirá este proxecto, que está a se reescribir na actualidade da man de John Gatins e que conta coa produción de Don Murphy e Susan Montford. A rodaxe escomezará en maio.