Unique Features ven de se facer cos dereitos para o cinema de Shiver, unha novela romántica pero con compoñentes sobrenaturais escrita por Maggie Stiefvater.
A história, que é a primeira dunha triloxía, vai sobre unha aventura amorosa entre dóce e amarga que se dá entre un adolescente que se converte en lobo todos os invernos e a súa moza, que tentará axuda-lo a descrubrir o segredo que lle permitiría seguir sendo sempre humano.
O primeiro libro chegou ás librarías nos Estados Unidos en agosto e axiña converteu-se nun supervendas, ficando na lista dos máis vendidos durante seis semanas. A segunda parte, que levará por título Linger, ten previsto aparecer o vindeiro mes de agosto.
Bob Shaye e Michael Lynne serán os produtores. Ambos os dous están á procura dun guionista que adapte a novela á pantalla grande e duns estudos que se encarguen da realización, se ben todo semella indicar que será a Warner Bros. Pictures.