A guerra dos bonecos

0
269

Walt BeckerA Fox, New Regency e Davis Entertainment producirán baixo a dirección de Walt Becker a comédia de acción familiar Little Big War, sobre unha família que deberá enfrontar-se a unha banda de xoguetes que cobran vida e pasan ao ataque.

Os detalles do guión de Jay Longino e Michael Browning permanecen en segredo. Agárda-se que o filme teña unha fasquía semellante á do éxito da Fox Unha noite no museo.

O guión procede dunha ideia orixinal de Greg Suess, parceiro na produtora Roar, que axudou a escribir o libreto. Suess será produtor executivo xunto ao membro da Roar Bernie Cahill. John Davis producirá.