Un Skarsgard para Thor

0
240

Stellan SkarsgardStellan Skarsgard (Anxos e Demos, Piratas do Caribe) ven de revelar á prensa que aceptou un papeliño para o vindeiro film da Marvel Studios Thor.

Skarsgard non quixo adiantar que papel interpretará, ainda que dixo que non asinou o contrato até non ter lido a súa parte no guión e comprobar se lle resultaba moi difícil, o que a xulgar polo seu apelido, non debería.

O fillo de Skarsgard, Alexander Skarsgard (da série de TV True Blood), estivo moito tempo en boca de todo o mundo mentres corrían aínda os rumores sobre quen ía ser o protagonista deste filme de superheroes e deuses nórdicos, até que finalmente foi contratado Chris Hemsworth (Star Trek) para o papel.

Tom Hiddleston, Natalie Portman, Jaimie Alexander, Colm Feore e Samuel L. Jackson xa están no reparto desta película que producirá a Paramount will baixo a dirección de Kenneth Branagh e que ten prevista a súa estrea para o 20 de maio de 2011.