Emily the Strange xa ten libro de seu

0
257

Emily the StrangeEmily Strange, a nena gótica ídolo de rapaciñas xa é protagonista dun libro. A editorial española SM ven de publicar Os días perdidos, a primeira novela protagonizada por este persoaxe creado como complemento para decorar camisetas e autocolantes promocionais.

Emily, que vive nunha torre acompañada polos seus catro gatos, esperta un día nun parque destartalado e sen lembrar ren. O único que ten a man é un caderno, un boli e un tirabólas, polo que comeza a pintar todo o que ve mentres pasea pola cidade, tentando recuperar a súa memória.

O persoaxe neceu en 1991 en adhesivos promocionais dunha pequena empresa californiana, a Cosmic Debris Inc. que a repartía en concertos e tendas para se daren a coñecer. Pouco imaxinaban o éxito que ía ter a que agora comercializan toda caste de produtos de merchandising ilustrado coa popular adolescente: bolsos, camisetas, comics, toallas…

Emily e mais a súa característica estética, misturando o gótico e o infantil, é o que lle levou a ser unha icona da cultura urbana, unha abanderada da individualidade e un símbolo da reivindicación ao dereito a ser diferente e a se sentir cómodo por elo.

O libro que chega agora á Galiza ainda non ten tradución ao galego nin ao portugués. Os seus autores son Roger Reger e Jessica Gruner, quen tamén fixeron as ilustracións interiores. Creado coa intencion de promover a lectura entre rapaces de entre 12 e 14 anos, a editorial pretende que se convirta nun novo éxito de vendas grazas á promoción que lle está a dar a súa nova páxina web.