Secuela para Zombieland

0
245

ZombielandLiderando cómodamente a lista dos filmes de maior recadación nos Estados Unidos con 25 millóns de dólares, os produtores da comédia de zombis Zombieland non deberían ter moito que pensar á hora de ir preparando unha secuela.

E así, o guionista Paul Wernick revelou nunha entrevista á MTV que “encantaría-nos, e todo o mundo vencellado creativamente no filme quere facer outro. Cando rematamos a derradeira escena Woody Harrelson veu canda nós, deu-nos unha aperta e díxo ‘Nunca quixen facer unha secuela nas anteriores películas que protagonicei até esta’“.

Wernick e mais o co-guionista Rhett Reese engadiu que eles tamén o están a desexar, así coma os outros protagonistas Jesse Eisenberg, Emma Stone, Abigail Breslin e mais o director Ruben Fleischer. Os guionistas deseñaran de feito o proexecto inicialmente coma unha série de televisión en 2005 e levan a actualizar o seu traballo de contínuo dende aquela para lle dar formato de longametraxe, polo que teñen material non só para unha senón para moitas secuelas de ser necesário.

Iso si, polo de agora non escomezaron a traballar no novo guión, e non desexan revelar ren do argumento dunha potencial segunda parte.