Predators pon-se en marcha

838

Adrien BrodyAdrien Brody, Topher Grace, Danny Trejo, Walton Goggins, Alice Braga, Oleg Taktarov, Mahershalalhashbaze Ali e Louiz Ozawa serán os protagonistas do relanzamento da franquía Predator coa que a Fox pretende renovar ao seu popular persoaxe do cinema dos anos 80 e 90.

A história dos Predators (esta vez cun s final que indica que non haberá só un cazador) vai sobre un grupo heteroxéneo de guerreiros de elite que son o obxectivo doutro grupo, o dos Predators (Depredadores), unha cruel raza alieníxena de cazadores que disfruta matando.

Brody (King Kong) será o líder dos humanos no papel dun habilidoso cazador de persoas. Grace (Traffic) sería un persoaxe que tenta agochar que en realidade é un asasino en série.

Braga (Eu son lenda) é a asasina feminina, mentres que Trejo (Con Air, Aberto até o amencer) é un duro guerreiro que leva un par de metralletas nas costas. Ali (Os 4400, O curioso caso de Benjamin Button) é un soldado sen medo á morte, Goggins (The Shield, House of 1000 Corpses) é un soldado algo inestábel mentres que Taktarov (Bad Boys II) será un antigo oficial ruso membro dunha equipa de operacións especiais. Todos xuntos forman un grupo mais ben de psicópatas que de persoas normais, xusto o que se precisa para loitar contra os extra-terrestres.

Predators estará dirixida por Nimrod Antal (Vacancy, Armored) e producida por Robert Rodriguez, e escomezará axiña a súa rodaxe en Hawaii e Austin, Texas.